Pasar al contenido principal

O seleccionador español de rugby dirixe este xoves un adestramento táctico aberto a todos os xogadores galegos

Con motivo do partido internacional da Copa de Europa de Nacións de rugby entre España e Portugal que terá lugar este sábado 16 en Santiago, a USC e a Federación Galega de Rugby organizan este xoves 14 un adestramento táctico co seleccionador de España, Bryce Bevin. Ás 17.00 horas no campo de hóckey xogadores do equipo de Santiago RC e da liga universitaria exporán sobre o campo diferentes inquedanzas tácticas a adestradores dos distintos clubs de Galicia. Convenio coa USC A través dun convenio de colaboración asinado recentemente a Federación Galega acordou deixar as entradas para o partido internacional a metade de prezo para a comunidade universitaria. Pola súa banda, a Universidade compostelá cede para os adestramentos das dúas seleccións as súas instalacións do estadio de atletismo, o ximnasio e unha canle da piscina cuberta. A de Portugal adestrará de 11.00 a 13.00 o venres 15 no Estadio da USC. A Universidade compostelá pon tamén a disposición da federación o estadio e o campo de hóckey para a celebración do torneo Internacional de Veteranos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.03.2013.