Pasar al contenido principal

Setenta estudantes preséntanse este xoves na USC ao exame do Bloomberg Institute

É a primeira vez que esta prestixiosa proba se pode realizar na Universidade compostelá

Máis de 70 estudantes presentaranse este xoves 21 ao Bloomberg Assesment Test (BAT), unha prestixiosa proba que creou o Bloomberg Institute e que se desenvolve en Universidades de todo o mundo para alumnado e recén titulados que queira iniciar unha carreira no mundo financeiro. Este ano por vez terá tamén lugar na USC. O test de aptitude avalía de maneira anónima as competencias económicas e financeiras do alumnado, principalmente das titulacións impartidas na facultade compostelá, para así resaltar os seus puntos fortes no sector da economía e as finanzas, demostrar as súas habilidades e abrir oportunidades laborais. O exame BAT é on line, gratuíto, global e estandarizado, de tres horas de duración, realizado en inglés e dividido en varios temas: economía, mercados financeiros, xestión de inversións, análise de estados financeiros e cuestiones de lóxica, matemáticas y razoamento analítico. As preguntas están deseñadas para poñer ao alumnado en contacto con situacións laborais reais.

Tras realizar o BAT, o perfil do estudante transfírese ao Bloomberg Institute Talent Search, unha ferramenta usada por un elevado número de empresas para descubrir novos talentos dentro do sector financeiro en toda Europa. Ata o momento máis de 75.000 estudantes repartidos por máis de 1.000 universidades de todo o mundo realizaron o BAT e nos últimos meses máis de 10.000 xa foron contactados por empresas para ofertas de traballo ou prácticas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.03.2013.