Pasar al contenido principal

A unidade mixta de investigación Eixo, sobre economía circular da madeira, bota a andar este luns na EPS de Enxeñaría da USC

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC
Pemade presentará a iniciativa promovida xunto con Finsa e co apoio de Gain ás 12.00 horas, nun acto no que intervirá o conselleiro de Economía, Francisco Conde
Lugo

A Plataforma de Madeira Estrutural (Pemade) da USC, presentará este luns, ás 12.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC, a unidade mixta de investigación Eixo, unha iniciativa promovida xunto con Finsa e co apoio da Axencia Galega de Innovación (Gain), que pretende o desenvolvemento dun modelo de economía circular arredor da madeira para achegar valor e mellorar a competitividade do sector forestal en Galicia.

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, presidirá a sesión de posta de largo da unidade mixta de investigación Eixo, no marco dun acto no que tamén intervirá o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, e a directora de Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey. O catedrático da USC e director de Pemade, Manuel Guaita, e José Carballo e Javier Portela, en representación de Finsa, completan a quenda de relatores.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.12.2019.