Pasar al contenido principal

Senén Barro: “A Universidade do futuro ten que ser emprendedora”

Senén Barro: “A Universidade do futuro ten que ser emprendedora”
Senén Barro: “A Universidade do futuro ten que ser emprendedora”
O ex reitor da USC presentou en Santiago o seu libro +Universidad –Especulación

O profesor e ex reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, presentou este venres en Santiago o seu libro +Universidad –Especulación nunacto no que estivo acompañado do presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga Pereira, do director da editorial Netbiblo, Carlos Iglesias Agra, e ao que asistiron tamén membros da comunidade universitaria, entre eles o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán. A publicación, con prólogo do catedrático de Filosofía e Premio Nacional de Ensaio José Antonio Marina, achega ideas para mellorar a Universidade, principio “imprescindible” para una nova economía baseada no coñecemento e o desenvolvemento tecnolóxico, “unha sociedade mellor e máis emprendedora e un tecido produtivo máis innovador”. Débese primar, di Barro, “o emprendemento responsable e non a especulación para non seguir cometendo erros que inflan burbullas e desinflan a economía, o emprego e a vida”. Recoñecendo que esta é a “mellor Universidade da nosa historia”, Barro suxire que aínda así “ necesita mellorar” nos mecanismos de dirección, nos medios á súa disposición, no seu compromiso coa calidade, no alcance e impacto socioeconómico das súas responsabilidades e resultados, “mesmo nos seus referentes éticos”. “Tomemos medidas concretas e ben fundamentadas, centrándonos nas ideas que buscan unha mellor Universidade para unha sociedade mellor e levémolas colectivamente á acción”, sentencia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.03.2013.