Pasar al contenido principal

Seminario en Políticas sobre técnicas cualitativas de investigación social

O mestrado universitario en Xuventude e Sociedade da USC organiza para o luns 25 un seminario de técnicas cualitativas de investigación social gratuíto e aberto a toda a comunidade universitaria. Nel abordaranse diferentes técnicas cualitativas de investigación social como a entrevista, o grupo de discusión, o focus group, a choiva de ideas e o análise FODA, así como algúns métodos de análise de discurso, especialmente en imaxinarios sociais e o uso básico do software MAXQDA. Os encargados de impartir o seminario na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais son o sociólogo Felipe Aliaga Sáez e o xornalista Oscar Basulto Gallegos. As persoas interesadas en inscribirse ou recibir máis información poden facelo no enderezo seminariogceis [at] yahoo.es (seminariogceis[at]yahoo[dot]es) ou no teléfono 638357096.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2013.