Pasar al contenido principal

Cambio galego por catalán... e viceversa

Cambio galego por catalán... e viceversa
Cambio galego por catalán... e viceversa
Nova convocatoria de PARELLÆS, o programa de intercambio lingüístico galego-catalán

Gustaríache practicar catalán? Queres ensinar galego? A área de Catalán convida a participaren no programa académico PARELLÆS de intercambio lingüístico e cultural galego-catalán entre estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que falen galego ou catalán e desexen aprender, practicar ou mellorar a outra lingua. Tomar un café, pasear pola cidade, facer a compra na praza, ir ao cinema, de festa ou de sendeirismo... todo serve para falar, conversar, parolar e practicar en galego e catalán, para coñecer así mellor de primeira man a situación sociolingüística en tanto que linguas minorizadas do estado. O programa vai destinado principalmente ao alumnado da USC que cursa ou cursou estudos de catalán e ao orixinario do ámbito lingüístico catalán que actualmente estuda na USC a través dalgún programa de mobilidade, aínda que tamén pode participar quen teña interese polo contacto entre estas dúas linguas e culturas. Despois dunha primeira reunión de presentación e formación, as responsables de PARELLÆS, as profesoras da USC Dolors Perarnau Vidal e Mercè López Casas, asignarán as parellas que terán que compartir un mínimo de 10 sesións de intercambio ata final de curso. Trátase de profundar na lingua e cultura allea e valorizar a propia, ademais de coñecer.

Para apuntarse na actividade é preciso enviar un correo electrónico a estudiscatalans.usc [at] gmail.com (estudiscatalans[dot]usc[at]gmail[dot]com). O prazo remata a mediados de decembro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.11.2013.