Pasar al contenido principal

Aberto o prazo para presentar propostas á Universidade de verán 2014

A Universidade de Santiago estableceu o 18 de decembro como data límite para presentar propostas de cursos á Universidade de Verán da USC 2014, que se desenvolverá entre o 2 e o 20 de xuño e entre o 14 de xullo e o 4 de setembro. Esas propostas pódense presentar, dirixidas ao correo electrónico cursosdeveran [at] usc.es (cursosdeveran[at]usc[dot]es), en dúas categorías: cursos, con 25 ou máis horas de duración e recoñecidos con 2 créditos ECTS; e Outras actividades, de 15 a 24 horas de duración entre as que se poden incluír formatos como seminarios, foros, obradoiros, encontros ou xornadas recoñecidas con 1 crédito ECTS.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2013.