Pasar al contenido principal

Matemáticas, Bioloxía, Física, Ciencias e Química celebraron a festividade do seu patrón San Alberte Magno

En primeiro termo o profesor Juan José Nieto logo da imposición da Insignia de Ouro da USC. Foto: Servimav-USC
En primeiro termo o profesor Juan José Nieto logo da imposición da Insignia de Ouro da USC. Foto: Servimav-USC
No acto, o reitor Juan Casares impúxolle a Insignia de Ouro ao catedrático Juan José Nieto

As facultades de Matemáticas, Bioloxía, Física, Ciencias e Química celebraron este venres 15 a festividade do seu patrón San Alberte Magno nunha sesión protocolaria na Facultade de Matemáticas. O acto presidiuno o vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador, Jesús López Romalde, e contou coa presenza ademais das decanas de Matemáticas e Bioloxía, Victoria Otero Espinar e Luz González Caamaño, respectivamente, e dos decanos de Ciencias, Química e Física, José M. Martínez Ageitos, Ramón Estévez Cabanas e Luis M. Varela Cabo. Deseguido, comezou a conferencia ‘As matemáticas: da abstracción á ferramenta multiusos’ que impartiron José C. Díaz Ramos, Julio González Díaz e Jerónimo Rodríguez García. Insignia de Ouro a Juan José Nieto A incorporación á mesa presidencial do reitor Juan Casares deu paso á imposición da Insignia de Ouro da USC ao catedrático do Departamento de Análise Matemática Juan José Nieto Roig. A Insignia de Ouro é un recoñecemento que concede o reitor a aquelas persoas que sobresaian dun xeito especial nos servizos prestados á institución universitaria, ben por razón da duración ou continuidade destes ou pola súa especial relevancia ou significación. O profesor Nieto recibiu a Insignia de mans do reitor. Foto: Servimav-USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.11.2013.