Pasar al contenido principal

Matarile presenta na USC a súa nova estrea Staying alive

Esta compañía, recoñecida internacionalmente, inaugura a experiencia da Compañía Residente, unha nova actividade incluída no programa de formación teatral da Aula de Teatro da USC

Matarile Teatro retomará a súa actividade coa estrea da obra Staying alive, espectáculo que están a preparar na USC en calidade de Compañía Residente, unha iniciativa pioneira no teatro universitario español que a Universidade de Santiago desenvolve este curso dentro do seu programa de formación teatral. A estrea presentarase aos medios de comunicación este xoves 26 ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome coa participación do director da Área de Cultura da USC, Pablo Sampedro; do director da Aula de Teatro da USC, Roberto Salgueiro; e dunha representación da compañía Matarile, integrada por Ana Vallés, Baltasar Patiño, Mónica García, Rut Balbís, Nuria Sotelo e Daniel Baamonde. Ademais das particularidades do espectáculo, nesta rolda de prensa prestarase atención ao interese pedagóxico que supón para os universitarios/as a posibilidade de participar nun proxecto de colaboración no que está implicado unha compañía profesional e o apoio da USC na volta á escena da compañía Matarile.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.09.2013.