Pasar al contenido principal

O profesor César Domínguez coordina o seminario internacional ‘Literatura comparada e xeografías literarias’

O profesor de Literatura Comparada César Domínguez dirixe este venres 27 e o sábado 28 na Penn State University o seminario internacional ‘Literatura comparada e xeografías literarias’. Participarán no seminario, Franco Moretti (Stanford University), Ian Gregory (Lancaster University), Dan Ringgaard (Aarhus Universitet), Federica Perazzini (Università degli Studi di Roma 'La Sapienza') e Thomas Kealy (Colby-Sawyer College). Este seminario explora comparativamente o concepto de xeografía literaria a través do exame do xénero gótico dende perspectivas de análise computacional, sistemas de análise xeográfica, mapas dixitais ou procesos de nacionalización, entre outros enfoques. Ademais formar parte das tarefas de investigación que conducirán á publicación do próximo informe decenal da American Comparative Literature Association.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.09.2013.