Pasar al contenido principal

A USC convoca unha nova edición das Bolsas de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria

A Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade, a través da Oficina de Desenvolvemento Sostible, oferta este curso 33 bolsas de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria (SPIU), 26 para Santiago e 7 para Lugo. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 21 de outubro. As bolsas diríxense á organización, nos centros da USC, de actividades relacionadas co medio ambiente e o desenvolvemento sostible. Esta convocatoria está financiada polo Consello Social da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.10.2013.