Pasar al contenido principal

Maite Abeleira, vicepresidenta da Sociedade Española de Disfunción Cráneomandibular e Dolor Orofacial

A profesora do Departamento de Estomatoloxía da USC Maite Abeleira Pazos acaba de ser elixida vicepresidenta da Sociedade Española de Disfunción Cráneomandibular e Dolor Orofacial (SEDCYDO). A SEDCYDO é sociedade científica con maior relevancia no estudo da patoloxía disfuncional da articulación tempomandibular, así como do estudo das alteracións do sistema estomatognático e a súa repercusión no dolor facial. A súa proposta para este novo período é fomentar novas liñas de investigación e a colaboración multidisciplinar con outras especialidades médicas.

A profesora Abeleira goza dun gran prestixio profesional debido a que leva máis de 10 anos tratando anomalías ortodóncicas en pacientes discapacitados dentro da Unidade de Odontoloxía en Pacientes Especiais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.10.2013.