Pasar al contenido principal

Ciencias acolle este luns a entrega de diplomas do V Máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental

A Facultade de Ciencias do campus de Lugo acollerá o vindeiro luns, día 29 de xullo, a partir das 18.30 horas, o acto académico de entrega de diplomas aos 21 alumnos da quinta promoción de titulados no Máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental, un programa de posgrao oficial que xa ten aberto o prazo de inscrición para a próxima edición.

O vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación do campus de Lugo, Pablo Ramil Rego, será o encargado de presidir esta cerimonia académica, que se desenvolverá no salón de actos ‘José Rodríguez Mourelo’ da Facultade de Ciencias. O coordinador do máster, Carlos Herrero; o decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos, e o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Jorge Rivera, tamén participarán no acto.

O alcalde de Lugo, José López Orozco, e a deputada provincial responsable da área de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, tamén acompañarán aos novos titulados do Máster en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.07.2013.