Pasar al contenido principal

Pesar na USC polo falecemento do profesor Juan Manuel Caínzos Prieto

A Universidade de Santiago de Compostela manifesta o seu pesar polo recente falecemento do profesor do Departamento de Análise Matemática Juan Manuel Caínzos Prieto. O equipo de dirección da Facultade, encabezado pola súa decana Victoria Otero, e o Departamento de Análise Matemática, representado polo seu director Alberto Cabada, trasladaron expresamente as condolencias á familia do que foi docente desta universidade durante trinta e cinco anos. Juan Manuel Caínzos Prieto (Ferrol, 1955) licenciouse en Matemáticas pola USC en 1977, doutorándose na mesma Universidade en 1983. Impartiu docencia no Colexio Universitario de Lugo e nas Facultades de Bioloxía, Física e Matemáticas. As súas liñas de investigación centráronse no estudo dos problemas integro-diferenciais e da teoría espectral.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.07.2013.