Pasar al contenido principal

O director da Fundación Universidad.es celebra unha xuntanza de traballo na USC sobre a política de proxección dos sistema universitario

Guillermo Cisneros e Juan Casares mantiveron unha xuntanza na Reitoría da USC. Foto: Santi Alvite
Guillermo Cisneros e Juan Casares mantiveron unha xuntanza na Reitoría da USC. Foto: Santi Alvite

O director xeral da Fundación Universidad.es, Guillermo Cisneros, mantivo este martes un encontro de traballo na Universidade de Santiago onde o recibiu o reitor Juan Casares, o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet, e o coordinador de Relacións Exteriores, Jacobo Feás. O encontro serviu para abordar cuestións relacionadas coa política de proxección internacional do Sistema Universitario Español, con especial atención ás acreditacións internacionais, indicadores e posicións ocupadas polas universidades españolas nos principais ránkings ou sobre a ordenación académica na oferta internacional das universidades españolas. Tamén houbo espazo para falar sobre a promoción da imaxe unitaria da universidade española a través da presenza en feiras ou a promoción e diseminación de resultados e oportunidades. Universidad.es é unha fundación do sector público estatal dedicada á promoción do sistema universitario español no mundo. Trátase dunha iniciativa do Goberno de España, promovida conxuntamente cos gobernos rexionais e as propias universidades, que se constituíu formalmente en decembro de 2008. Guillermo Cisneros e Juan Casares, en primeiro termo, en presenza de Víctor Millet e Jacobo Feás. Foto: Santi Alvite

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.07.2013.