Pasar al contenido principal

Ciclo de Conferencias en Luxemburgo sobre o Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago chega este venres 13 a Luxemburgo, concretamente ao Centro de Reencontro Cultural Abadía de Neumüster, onde terá lugar un ciclo de tres conferencias, organizado pola Asociación Luxemburgo-España (A.L.E.), en colaboración co Instituto Europeo de Itinerarios Culturais e a Embaixada de España en Luxemburgo. O xornalista Luís Celeiro Álvarez, director do Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidente da Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), pronunciará a primeira das conferencias titulada ‘O Camiño de Santiago, un espazo de comunicación’. Seguidamente Rafael Silva falará sobre ‘O pórtico da gloria”, tema no que está considerado un recoñecido especialista. A terceira conferencia correrá a cargo do catedrático de Socioloxía da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, Octavio Uña Juárez, e tratará sobre 'As rutas literarias no Camiño de Santiago'.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.09.2013.