Pasar al contenido principal

Historiadores de toda España reflexionan este venres en Santiago sobre os nacionalismos

Os grupos de estudo dos procesos de nacionalización das facultades de Historia das Universidades de Santiago de Compostela, Autónoma de Barcelona, País Vasco e Salamanca reúnense este venres 13 no Museo do Pobo Galego. A xornada, aberta a calquera persoa interesada e organizada en colaboración co Departamento de Historia Contemporánea e América da USC, dará comezo ás 11.00 horas cunha serie de debates que toman como partida o traballo ‘Acerca do estado actual dos nosos estudos sobre os procesos de nacionalización’ realizado ex profeso polo profesor Justo Beramendi. Trátase de reflexionar conxuntamente, como apunta o profesor da USC, para afinar na análise dos procesos de nacionalización, “especialmente no que se refire á formación, natureza e evolución do nacionalismo da xente corrente, sexa en nacións con Estado ou sen Estado”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.09.2013.