Pasar al contenido principal

Portas abertas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño

As persoas interesadas nas actividades que organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago teñen este mércores 11 unha cita na sala Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade, Campus Vida), que celebra unha xornada de portas abertas a partir das 19.30 horas. Alí poderase coñecer in situ a sala e os seus fondos, ademais de obter información das accións formativas e de produción ou a programación para este curso académico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.09.2013.