Pasar al contenido principal

O Museo do Templo de Mitra abre as súas portas ao público

Autoridades, na visita inaugural do Museo do Templo de Mitra
Autoridades, na visita inaugural do Museo do Templo de Mitra

O Museo do Templo de Mitra permanece aberto ao público desde este luns, logo do acordo alcanzado entre o Concello de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela para amosar a todas as persoas interesadas o xacemento romano achado nas escavacións feitas no solar sobre o que se asenta a Casa do Saber de Lugo.

O horario de visitas guiadas ao Museo do Templo de Mitra acordado para o mes de xullo será de luns a venres e en quenda de mañá. O arqueólogo Celso Rodríguez Cao será o encargado de explicar aos visitantes os segredos que esconde este xacemento arqueolóxico. As horas establecidas inicialmente para facer este percorrido guiado son ás 11.00, 12.00 e 13.00 horas.

As visitas a este museo lugués recentemente inaugurado terán continuidade durante o mes de agosto, cando o público interesado poderá visitar este museo dous días, preferentemente concentrados cara a fin de semana (venres e sábado ou sábado e domingo), tamén en horario de mañá.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.07.2013.