Pasar al contenido principal

A USC e Red Eléctrica de España desenvolverán actividades comúns en investigación, desenvolvemento tecnolóxico, formación e inserción laboral

Juan Casares e José Folgado Blanco asinaron o acordo no Despacho Reitoral de San Xerome. Foto: Alfonso-Servimav
Juan Casares e José Folgado Blanco asinaron o acordo no Despacho Reitoral de San Xerome. Foto: Alfonso-Servimav
Así se recolle nun convenio marco asinado este mércores nun acto no que tamén se definiu a participación de REE no máster de Enerxías Renovables

O reitor Juan Casares e o presidente de Red Eléctrica de España, José Folgado Blanco, asinaron este mércores 17 en San Xerome un acordo marco para o desenvolvemento de actividades de interese común que potencien a colaboración entre a Universidade e a empresa no ámbito da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a formación universitaria, a inserción laboral e outros ámbitos de interese social. Inicialmente, o acordo terá unha duración dun ano que se poderá renovar por sucesivos períodos anuais. Na mesma sesión se formalizou o primeiro dos acordos específicos que se vai desenvolver ao abeiro deste convenio marco e polo que Red Eléctrica de España participará no desenvolvemento do Máster de Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética durante o curso lectivo 2013-2014, como xa vén sucedendo dende o ano 2011. Deste xeito, a compañía impartirá doce horas lectivas divididas en dúas sesións de seis horas cada unha das que se encargarán persoal altamente cualificado. Os contidos que abarcarán serán o sistema eléctrico nacional, a rede eléctrica de transporte e a integración de renovables no sistema eléctrico. Esta cooperación inclúe tamén a realización dunha sesión práctica consistente nunha visita a unha instalación da rede de transporte como complemento das sesión teóricas e durante a que se describirán e identificarán sobre o terreo os diferentes elementos que forman unha subestación, as súas características e funcións.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.07.2013.