Pasar al contenido principal

Xeografía e Historia entregou as medallas do centro ao persoal xubilado este ano

José Ramón Barreiro pronunciou a conferencia 'As humanidades no presente e no futuro’. Foto: Alfonso-Servimav
José Ramón Barreiro pronunciou a conferencia 'As humanidades no presente e no futuro’. Foto: Alfonso-Servimav

No curso 2012-13 xubiláronse na Facultade de Xeografía e Historia oito persoas, que este venres recolleron no Paraninfo cadansúa medalla acreditativa nun acto que presidiu o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua e docente do centro, Francisco Durán, e no que tamén participaron o decano Juan Monterroso, e os directores de Departamento Lourenzo Fernández Prieto, Raquel Casal García e José Antonio Aldrei Vázquez. Na cerimonia recibiron a medalla María Pilar Alén Garabato, José Ramón Barreiro Fernández, María Carbajales Grobas, Elisa Ferreira Priegue, José María García Oro, María Luisa Pérez Iglesias, María Pilar Torres Luna e José Manuel Vázquez Varela. O acto completouse coa conferencia ‘As humanidades no presente e no futuro’ a cargo do catedrático José Ramón Barreiro. Recibiron a medalla María Pilar Alén Garabato, José Ramón Barreiro Fernández, María Carbajales Grobas, Elisa Ferreira Priegue, José María García Oro, María Luisa Pérez Iglesias, María Pilar Torres Luna e José Manuel Vázquez Varela. Foto: Alfonso-Servimav

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.07.2013.