Pasar al contenido principal

Un curso técnico e práctico adestrará no desenvolvemento de proxectos de enerxía solar fotovoltaica

Ao longo de 35 horas lectivas, o curso técnico-práctico en enerxía solar fotovoltaica capacitará ás persoas que se matriculen para desenvolver calquera tipo de proxecto e traballo relacionado coa enerxía solar fotovoltaica aplicada na xeración de enerxía eléctrica para uso illados ou conectados á rede de subministración eléctrica. Baixo a dirección da profesora Ángeles López Agüera, este programa estival celebrarase entre os días 2 e 6 de setembro. A partir dun estudo das vantaxes e inconvintes deste tipo de enerxía respecto ao resto de renovables, as intervencións previstas no programa axudarán a determinar os elementos integrantes das instalacións solares de conexión a rede e das illadas, así como a coñecer os parámetros típicos que afectan o deseño dos compoñentes dunha instalación solar de xeración de enerxía eléctrica e a aprender a metodoloxía de dimensionado dos sistemas de xeración de electricidade baseados en módulos solares fotovoltaicos. As persoas interesadas neste curso tamén aprenderán a calcular os distintos compoñentes dos sistemas solares, como os módulos fotovoltaicos, reguladores de carga, baterias, investidores, cableado ou proteccións eléctricas, entre outros, e a manexar as táboas de datos necesarias para o cálculo e dimensionado dos sistemas, con especial atención aos datos de radiación solar, táboas de caídas de tensión ou selección de seccións de condutor, entre outros. Para completar o conxuntos de temas a tratar, se realizarán estudos sinxelos de viabilidade económica, técnica e ambiental, ademais de dar conta das tendencias en I+D+i, os ‘set-up’ experimentais e as propostas dalgunhas das firmas punteiras neste sector.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.07.2013.