Pasar al contenido principal

Chega o alumnado de ESO aos campus científicos de verán na USC

Estudantes de ESO de toda España chegan este luns 15 a Santiago para participar nos campus científicos de verán, unha iniciativa dos Ministerios de Educación, Cultura e Deporte e de Economía e Competitividade e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía que conta co patrocinio da Obra Social ‘la Caixa’. Na primeira quincena do mes asistiron estudantes de bacharelato. En Santiago, terán a posibilidade de participar en catro proxectos científicos: ‘Sistema de tratamento para eliminar a contaminación das augas residuais’, dirixido por Gumersindo Feijoo; ‘Buscando as partículas más enerxéticas do Universo’, de Ricardo Vázquez López; ‘A maxia dos hidroxeles’, de Francisco Javier Otero Espinar; e ‘MathematiCSI: Mathematical Scene Investigation’ de Mª. Victoria Otero Espinar. Campus Científicos Esta é a cuarta edición do programa, que conta coa colaboración de 16 universidades con Campus de Excelencia Internacional certificados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na que terán lugar as estadías. Neste campus foméntase a investigación científica de excelencia así como o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica, necesarios para incrementar a competitividade da industria española e a mellora da calidade de vida da cidadanía. Á vez favorécese a transferencia do coñecemento en talento innovador e emprendedor, especialmente entre o máis novos, e facilítase que esperten vocacións científicas e se avive o seu interese tanto polo estudo das ciencias como pola actividade investigadora.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.07.2013.