Pasar al contenido principal

A SEAE demanda unha aposta máis forte da Unión Europea pola agroecoloxía na futura PAC

Jorge Blanco e Víctor Gonzálvez, antes da súa intervención no simposio sobre compost, agroecoloxía e cambio climático
Jorge Blanco e Víctor Gonzálvez, antes da súa intervención no simposio sobre compost, agroecoloxía e cambio climático
Os partenariados europeos de innovación poden solucionar moitos problemas no sector agroalimentario, salienta o xerente do GDR Mariñas Betanzos Jorge Blanco

A Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE) demanda un maior aposta polo compoñente verde (greenning) na futura Política Agraria Común (PAC) que se está a definir e que, segundo puxo de manifesto o coordinador técnico da SEAE, Víctor Gonzálvez, no relatorio ofrecido no marco do simposio sobre compost, agroecoloxía e cambio climático que remata este mércores na Casa do Saber de Lugo.

Gonzálvez indicou que as cotas do chamado compoñente verde incluída nas directrices da nova PAC non responden ás expectativas da SEAE, que defende o compost como unha práctica acaída tanto para mellorar a produtividade agraria como para avanzar na conservación e na protección do medio natural. O coordinador técnico da SEAE insistiu asemade en que logo de que a Comisión Europea reservar na PAC unha porcentaxe do 30% para prácticas sustentables como a agroecoloxía, é preciso que agora os estados e as distintas comunidades autónomas definan en fagan de obrigado cumprimento este tipo de actuacións que favorecen a protección do medio ambiente e diminúen os efectos do cambio climático. O xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Mariñas Betanzos, Jorge Blanco, abordou no relatorio de clausura deste seminario estival da USC, os partenariados europeos de innovación, unha nova figura contemplada na PAC e que, na súa opinión, podería axudar a solucionar moitos dos pequenos problemas que afectan ás pequenas empresas e explotacións do sector agroalimentario.

A mellora da eficiencia e a diminución dos custes derivados da provisión de recursos alleos son dous eidos nos que os partenariados europeos de innovación poden reportar avances importantes, do mesmo xeito que en outras áreas como son a comercialización e distribución de produtos alimentarios, dixo Blanco. O xerente do GDR Mariñas Betanzos tamén destacou a participación do Laboratorio do Territorio da USC na posta en marcha dos partenariados europeos de innovación, xa que o Laborate é o órgano que representa a España nestas negociacións en Bruxelas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.07.2013.