Pasar al contenido principal

Un curso de verán da USC repasará o Big Data & Data Science dende múltiples perspectivas

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

Nos próximos anos agárdase que as organizacións se vexan inundadas por unha cantidade inxente de información. O novo cuño para o manexo e análise dese mar de información é Big Data & Data Science (BD & DS), ámbito que será estudado en profundidade nun curso de verán a celebrar en Santiago entre o 16 e o 19 de xullo. No curso que dirixen Tomás Fernández Pena e José Ramón Ríos Viqueira proponse repasar o BD & DS combinando as perspectivas científicas e tecnolóxicas e analizando o seu futuro e principais aplicacións. Dende a situación actual ata os principais dominios de aplicación, discutindo as complexidades e necesidades destes dominios, pasando polo impacto das tecnoloxías de BD & DS no futuro da economía e da sociedade. Ademais, especialistas de Yahoo!, Websays ou do CiTIUS, entre outros, presentarán as ferramentas mais estendidas de BD & DS como Hadoop, Cassandra, Lucene ou Weka.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.06.2013.