Pasar al contenido principal

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC participa no III Congreso Internacional de Docencia Universitaria

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) participa estes días no III Congreso Internacional de Docencia Universitaria que se celebra en Vigo ata este sábado 22. Persoal do CEDE realizou unha presentación sobre o manexo aplicado de EURLEX (lexislación ) PRELEX (textos preliminares e preparatorios, debates parlamentarios, ...), OEIL (repositorio do Parlamento Europeo) e do tesauro EUROVOC, todos eles recursos gratuítos de alta calidade, cuxas aplicacións científicas pluridisciplinares non están totalmente aproveitadas. Dende o CEDE, dirixido actualmente polo profesor Carlos Teijo, procurase dar a coñecer estes recursos e o seu valor engadido en disciplinas directamente vinculadas coa UE como o dereito europeo e tamén noutras coma a enxeñería, medio ambiente, saúde, química ou ciencias empresariais, entre outros. Os exemplos presentados no congreso versan sobre a localización de informacións en materia de enerxías renovables, consumo e o debate político/económico europeo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.06.2013.