Pasar al contenido principal

Fin de estudos da promoción 2009-2013 do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

A promoción 2009-2013 do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos celebra este sábado 15 o acto de fin de estudos nunha sesión que terá lugar a partir das 19.30 horas no Hotel Congreso, presidido pola vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna. Logo da intervención dunha representación da promoción, tomarán a palabra o padriño da promoción, o profesor Xavier Ferreira que tamén o fará en nome da madriña, a profesora Marina Rodríguez Planes, e a presidenta do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Susana Soneira. Deseguido, será a quenda do decano, Juan J. Ares, para dar paso á entrega de bandas e diplomas conmemorativos deste acto de graduación. A vicerreitora Sara Cantorna pechará a sesión.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.06.2013.