Pasar al contenido principal

Jorge Devoto, neto de Valle-Inclán, entrégalle á USC o manuscrito orixinal do conto Mi bisabuelo

No mesmo acto presentarase o último volume editado pola Cátedra Valle-Inclán da USC

A Cátedra Valle-Inclán da USC recibirá este xoves 20 nun acto público en San Xerome o manuscrito orixinal do conto Mi bisabuelo de mans do seu editor e propietario, Jorge Devoto Valle-Inclán, neto do escritor. Presidido polo reitor da USC, o acto terá lugar ás 11:30 horas no Salón Reitoral. Logo da entrega do autógrafo orixinal, terá lugar a presentación do último volume da Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán, Valle-Inclán y las artes, no que se abordan as relacións do escritor coas artes plásticas, gráficas, escénicas, música e danza. Intervirán os seus editores Margarita Santos Zas, Javier Serrano e Amparo de Juan e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan L. Blanco.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.06.2013.