Pasar al contenido principal

Integración e danza conflúen este martes no xardín de Fonseca

Integración e danza conflúen este martes no xardín de Fonseca
Integración e danza conflúen este martes no xardín de Fonseca
campUSCulturae presenta ‘Onde reside a tenrura’, un proxecto da Compañía de Danza Espazo Integra2 da USC

Cinco persoas agardan na consulta dun psicólogo de prestixio para que lles solucione os seus problemas. O doutor nunca chega e, mentres, van descubrindo segredos, medos e debilidades que pouco a pouco farán rexurdir o máis puro e tenro de cada un. Así preséntase ‘Onde reside a tenrura’, un proxecto de integración de campUSCulturae a través da danza desenvolvido pola Compañía de Danza Espazo Integra2 da USC. Baixo a dirección artística de Juan Carlos Zahera e con coreografía de Carlota Pérez e Leo Rodríguez, os bailaríns e bailarinas Stephanie Albares, Daniel Pregal, Artur Lago, Fran Taibo e Carmen Vara converterán este martes 2 ás 20.30 horas o xardín do Colexio de Fonseca nun espazo onde confluirán todos os mundos creativos con forza humanizadora, vitalista e, en definitiva, transformadora: integración e arte. campUSCulturae é un proxecto a prol da diversidade cultural, das minorías e da integración na cultura das persoas en risco de exclusión social, cofinanciado pola Universidade de Santiago de Compostela e pola Culture Agency, da Unión Europea, a través do programa Culture.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.07.2013.