Pasar al contenido principal

A firma de reloxos Tag-Heuer premia o esforzo dos graduados e graduadas en Administración e Dirección de Empresas da USC

A I Promoción de Graduados en Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago foi apadriñada hai uns días por Philippe Alluard, presidente de Iberia, África e Mediterráneo da marca de reloxos e cronógrafos de luxo Tag-Heuer. Precisamente esta firma convocou para os graduados/as desta promoción os Premios Tag-Heuer 2013, nos que tamén colabora a xoiaría Jael de Santiago e que teñen por obxecto recoñecer os valores académicos e persoais demostrados ao longo da carreira entre os estudantes desta promoción, e inclúen tres modalidades. A de ‘mellor compañeiro/a da promoción’ recaeu,por elección do estudantado, en Diego Silva.

As outras dúas modalidades, ao mellor expediente académico e ao estudante máis proactivo, fallaranse con mes de setembro. Quen desexe concorrer a estes galardóns, premiados cun reloxo da firma, deberá presentar a súa candidatura na primeira quincena dese mes, segundo se explica nas bases.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.07.2013.