Achegan claves para o éxito das spin-offs de Galicia e Norte de Portugal

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) clausurou o encontro transfronteirizo celebrado en colaboración con Uninova sobre para spin-offs da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Coa participación de 60 asistentes e baixo o lema ‘3 claves para o éxito das spin-offs’, a xornada buscaba o intercambio de experiencias e coñecementos en ámbitos tan fundamentais para este tipo de iniciativas como son a mercadotecnia ou a internacionalización, a tecnoloxía ou a importancia do equipo no desenvolvemento do plan de negocio. O programa inaugurárono o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González García; acompañado pola directora da Área de Crecemento e Valorización da Axencia Galega de Innovación, Pilar Morgade Saavedra; e o director da AVTE, José Luis Villaverde Acuña. As distintas sesións tiveron como relatores ao profesor da IE Business School, Enrique Dans; ao profesor do IESE, Santiago Álvarez de Mon; e ao presidente e director xeral creativo da Axencia de publicidade BAP & Conde, Miguel Conde. Xunto eles tiveron lugar tres mesas de traballo paralelas sobre a experiencia de tres fundadores de spin-offs da USC, como son Arturo López Quintela, co fundador de Nanogap; Víctor López, CEO de Ava Soluciones tecnológicas, e Jesús Zzpico, director de Innolact. A eles sumouse a testemuña de emprendedores portugueses como Andreia Passos e Alexandra Xavier do INESC TEC e José Carlos Pereira de Sigma Team Consulting.