Pasar al contenido principal

A USC renova o seu compromiso coa igualdade efectiva de mulleres e homes

O posicionamento sobre a reordenación do mapa de titulacións do SUG decidirase no Claustro deste martes

O Consello de Goberno da USC, que este luns 16 aprobou o II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, decidiu trasladar o punto relativo ao posicionamento sobre a proposta da Secretaría Xeral de Universidades respecto das titulacións do SUG ao debate que terá lugar este martes 17 no Claustro Universitario. O período de cinco anos comprendido entre 2014 e 2018 define o intervalo de vixencia que terá o II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC. Os seus principios inspiradores serán os de responsabilidade social; igualdade; recoñecemento da maternidade e a paternidade como un valor social; conciliación da vida persoal, familiar e laboral; fomento da corresponsabilidade; principio de “presenza ou composición equilibrada”; transversalidade de xénero; uso non sexista da linguaxe e a imaxe; ou desenvolvemento de investigación e docencia inclusivas. Os ámbitos que comprende este II Plan de Igualdade da USC concrétanse en seis áreas de actuación entre as que se atopan o compromiso institucional da USC coa igualdade de xénero; a promoción da introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación; a promoción da igualdade na traxectoria laboral do persoal así como a presenza equilibrada de homes e mulleres en órganos de participación; o fomento da conciliación e o exercicio da corresponsabilidade; a loita contra as actitudes sexistas e a discriminación; e a incorporación da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais. Outros asuntos

A oferta inicial de másteres universitarios para 2014-2015, a participación da USC na Fundación Triptolemos polo Desenvolvemento Agroalimentario, os regulamentos de traballo de fin de máster e grao, a convocatoria de bolsas de comedor do Servizo Universitario de Residencias (SUR) ou a creación do centro propio de carácter mixto de Estudos de Seguridade da USC e o Centro Superior de Estudios para a Defensa (CESEG) son outros asuntos a tratar, son outros temas que conforman a orde do día da xuntanza que continua pola tarde.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.12.2013.