Pasar al contenido principal

O programa formativo de hortos urbanos remata cunha visita a unha explotación agraria familiar

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC remata o programa formativo de hortos urbanos cunha visita o 20 de xuño á explotación Agro do Cruceiro (Coristanco), integrada no proxecto Granxa Familiar promovido pola USC, que impulsa a agricultura familiar e a preservación da biodiversidade rural.

A visita está dirixida á comunidade universitaria aínda que pode participar calquera persoa que o desexe, que deberá anotarse enviando un correo a entransicion [at] usc.es (entransicion[at]usc[dot]es) indicando o nome completo, colectivo ao que pertence (estudante, PDI, PAS ou externo á USC), enderezo electrónico e número de teléfono de contacto. As prazas están limitadas e o prazo para anotarse remata o 18 de xuño ás 12:00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.06.2013.