Pasar al contenido principal

O director do Servizo de Publicación da USC aborda nunhas xornadas da UNE e CSIC os límites e sinerxías de bibliotecas e editoriais no contexto dixital

O director do Servizo de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés, participa como relator nas III Xornadas – Taller de formación sobre libro electrónico organizadas pola UNE e o CSIC os días 6 e 7 en Madrid. Blanco Valdés falará dos límites e sinerxías de bibliotecas e editoriais no contexto dixital Nesta intervención tratará de “ofrecer unha perspectiva e proporcionar así elementos para a reflexión e o debate acerca de como se teñen modificado no actual escenario dixital, as responsabilidades e límites operativos que tradicionalmente correspondían nas universidades aos administradores de contidos (bibliotecas) e aos produtores de contidos (editores)”. Juan Blanco reflexionará sobre como “algúns desenvolvemento tecnolóxicos (OJS, OMP) conducen, incluso, a desdebuxar estes límites, ao reubicar ao produtor de contidos como administrador dos mesmos”. Por outra parte, na opinión do director de Publicación da USC o contexto actual enfatiza a necesidade de canalizar o intercambio universitario de libros dixitais, como forma de asegurar a súa presenza nas bibliotecas universitarias, a través de solucións tecnolóxicas compartidas e adecuadas”. Xunto ao representante da USC, a director ada Biblioteca da Universidade de Complutense, Manuela Palafox Parejo, explicará a transición ao libro electrónico nas bibliotecas universitarias e, finalmente, Ángel Redero Hernández, de Ediciones Universidade de Salamanca, exporá o caso de EUSAL na Plataforma Cielo, desvelando as vantaxes e problemas desta experiencia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.06.2013.