Inaugúrase en Emprendia a exposición ‘A esfera da auga’
O reitor da USC, Juan Casares Long, preside este luns 10 no Edificio Emprendia a inauguración da exposición ‘A esfera da auga’, que se poderá visitar en horario de mañá ata o 30 de xuño. Na apertura, prevista para as 12.00 horas, participarán ademais o director de CETaqua, Tomas Michel, e o coordinador institucional do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo. A continuación terá lugar a conferencia ‘A xestión da auga en cidades intelixentes’ a cargo do investigador do Instituto de Diagnose Ambiental e Estudos da auga e experto en hidroxeoloxía urbana, Enric Vázquez Suñé. A mostra introduce ao visitante no mundo da auga, desde as súas propiedades químicas ata o seu papel na historia e a civilización humana.