Pasar al contenido principal

A mediación penal e en asuntos civís e mercantís, a debate nun curso de verán

A profesora Raquel Castillejo Manzanares dirixe un curso de verán que do 16 ao 19 de xullo tentará botar luz sobre a mediación penal e en asuntos civís e mercantís. A aprobación da Lei 5/2012 de mediación en asuntos civís e mercantís está chamada a desenvolver un papel salientable non só pola aposta por un método alternativo de resolución de conflitos –a mediación– senón porque o seu obxecto, centrado en asuntos civís e mercantís, atopa na actual crise económica un terreo fértil para un próspero desenvolvemento, como explica Castillejo. O curso tentará resolver as dúbidas sobre como se acometerán as mudanzas dende o punto de vista técnico-xurídico e as conseguintes repercusións no eido xurídico non só desa mediación senón tamén da penal, que presentan aspectos temáticos actuais e polémicos. A desenvolver na facultade compostelá de Dereito, o programa contempla relatorios de especialistas en psicoloxía, mediación e dereito procesual e penal ademais de maxistrados e o conselleiro de Xustiza da Junta de Andalucía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.06.2013.