Pasar al contenido principal

Derradeira oportunidade do ano para asistir a unha NerdNite

Derradeira oportunidade do ano para asistir a unha NerdNite
Derradeira oportunidade do ano para asistir a unha NerdNite

Este mércores 4 de decembro terá lugar a derradeira sesión das NerdNites deste ano 2013. Será o Casino (Rúa do Vilar, 35) o local compostelán que acolla as orixinais microcharlas nas que persoas con peculiares personalidades charlan co público das disciplinas que lles apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico. Nesta ocasión o Valedor do Pobo, José Julio Fernández, intervén coa charla '¡Non perdas teus datos! ¡Espabila...!'; o profesor do Departamento de Física de partículas da USC Carlos Salgado con 'A Europa dos bosóns'; e o docente do Departamento de Comercialización e investigación de mercados José Ramón Porto con 'Onde se equivocou Bill Gates?'.

A iniciativa das NerdNites xurdiu hai anos en Estados Unidos e a ela sumouse, por primeira vez en España, Compostela o pasado ano. Nerd é o acrónimo en inglés de Non-Emotionally-Responding Dude (persoa de pouca resposta emocional).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.12.2013.