Pasar al contenido principal

A Universidade compostelá e o Centro de Ensinanza Técnica e Superior de México asinan un acordo marco

Juan Casares e Fernando León no momento da sinatura protocolaria celebrada no Colexio de San Xerome.
Juan Casares e Fernando León no momento da sinatura protocolaria celebrada no Colexio de San Xerome.

Cunha vixencia de catro anos renovables por períodos iguais, a Universidade de Santiago e o Centro de Ensinanza Técnica e Superior (CETYS) de México acaban de asinar un acordo marco de colaboración que regula as relacións entre ambas as dúas institucións no desenvolvemento conxunto de actividades docentes e investigadoras. O reitor Juan Casares e o do CETYS, Fernando León García, asinaron o documento que regula esta relación. Co acordado, a USC e o Centro de Ensinanza Técnica e Superior sentan as bases para a execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico, asesoramento mutuo, organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico ou o intercambio de persoal e estudantado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.12.2013.