Preséntase en Filoloxía a ferramenta de análise cuantitativa de datos dialectais Diatech
O profesor Gotzon Aurrekoetxea, da Universidade do País Vasco, presenta este xoves 12 ás 12.30 horas no Salón de graos de Filoloxía a ferramenta de análise cuantitativa de datos dialectais Diatech, un instrumento web para a análise estatística e a visualización en mapas e gráficos de información xeolingüística. A presentación complementarase cunha sesión práctica ás 16.00 horas na aula de informática de docencia da Facultade de Filoloxía. O persoal docente e investigador interesado en asistir debe inscribirse no enderezo ilgsec [at] usc.es (ilgsec[at]usc[dot]es)
Esta actividade está organizada polo Seminario permanente de análise e visualización de datos lingüísticos do Instituto da Lingua Galega e os grupos de investigación EUDIA da Universidade do País Vasco e Filoloxía e lingüística galega da USC.