A revista New Journal of Physics destaca un artigo da USC entre os mellores de 2011
Un artigo científico asinado polos catedráticos de electromagnetismo e de análise matemática da USC, Jorge Mira e Juan Nieto, e o investigador da Pompeu Fabra Luís Seoane acaba de ser elixido como un dos destacados de 2011 pola revista New Journal of Physics. O artigo ‘The importance of interlinguistic similarity and stable bilingualism when two languages compete’ fora xa idea do día do Physics arXiv Blog do Technology Review do MIT e destacado no resumo semanal da American Physical Society.