Pasar al contenido principal

O 2º Foro Nanovalor reunirá a expertos internacionais na procura de retos e oportunidades empresariais arredor da nanotecnoloxía

A Universidade de Santiago de Compostela, xunto a outros centros de investigación galegos e portugueses, organizan o vindeiro mes de xullo o 2º Foro Nanovalor sobre ‘Retos e oportunidades empresariais da Nanotecnoloxía’ co propósito fundamental de crear un espazo de debate sobre as posibilidades de negocio e transferencia á industria da Nanotecnoloxía. É unha actividade enmarcada dentro do Proxecto NANOVALOR, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, cuxo obxectivo é a creación dun Polo de Competitividade para a promoción dun maior coñecemento das capacidades de institucións e empresas no ámbito da Nanotecnoloxía. Neste proxecto participan ademais da USC, entre outros, a Universidade do Porto, o International Iberian Nanotechnology Laboratory, a Universidade do Minho, FEUGA e AIMEN. Todas as persoas interesadas en participar deberán remitir o boletín de inscrición antes do 10 de Xullo de 2012 a proyectosinnovacion [at] feuga.es (proyectosinnovacion[at]feuga[dot]es). O programa do Foro e o boletín de inscrición pode consultarse en liña.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.06.2012.