Tres nadadores do equipo da USC subiron ao podio na travesía Liceo
O equipo de natación do Club USC logrou esta fin de semana na Coruña unha medalla de prata e dúas de bronce na III edición da Travesía a nado Liceo ‘La Paz’.
Na categoría infantil (1.600 metros) Martiño Rama fíxose coa prata e Manuel Quintáns co bronce; mentres que na junior (2600 metros) Pablo Barcia conseguiu o bronce.