Pasar al contenido principal

Xerardo Estévez recompila en Paisajes y palabras as súas colaboracións en prensa

Xerardo Estévez recompila en Paisajes y palabras as súas colaboracións en prensa
Xerardo Estévez recompila en Paisajes y palabras as súas colaboracións en prensa

Un diálogo coa sociedade desde a perspectiva dun arquitecto. Así resume no prólogo o xerente en funcións do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva, o volume Paisajes y palabras que acaba de saír do prelo coeditado coa Universidade de Santiago. Unha escolma dos artigos que sobre urbanismo e paisaxismo publicou o arquitecto e ex alcalde de Compostela, Xerardo Estevez, en El País e La Voz de Galicia entre outubro de 1999 e maio de 2011. O libro presentouse este mércores baixo a presidencia do reitor da USC e do presidente do Consorcio e alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, nun acto no que, ademais do autor, participaron o prologuista do libro e os directores de Publicacións do Consorcio, Juan Conde Roa, e da USC, Juan L Blanco Valdés. Os 145 artigos que compila o volume conforman o discurso de Xerardo Estévez, caracterizado por unha actitude positiva e propositiva e un pensamento moi consolidado, decantado e formalizado sobre temas territoriais e urbanos. Un discurso no que subxace unha aposta pola racionalidade, pola planificación, polo deslinde entre o razoamento urbano e o económico, pola preocupación pola paisaxe e o territorio e pola aproximación á natureza humana e viva da cidade. Comprometido coa cidade Xerardo Estévez, arquitecto pola ETSA de Barcelona, funda con outros profesionais en 1972 o equipo Oikos de arquitectura e urbanismo en Compostela. Alcalde da capital de Galicia (1983-1986 e 1987-1998), foi deputado do Parlamento galego na primeira lexislatura e deputado nas Cortes españolas.

Autor e coautor de varios libros, Estévez é tamén colaborador habitual na prensa estatal, conferenciante en seminarios e congresos e profesor de másteres de arquitectura, urbanismo e patrimonio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.03.2012.