Pasar al contenido principal

Presentación en Lugo da exposición ‘73x73x273. A irmá do sono’, inspirada no mundo da morte

A mostra, organizada conxuntamente pola USC e a Deputación lucense, poderá visitarse na capela de Santa María ata o próximo 20 de maio

A exposición ‘73x73x273. A irmá do sono’, organizada conxuntamente pola USC e a Deputación de Lugo, chega á capital lucense despois do seu paso por Santiago de Compostela, con grande éxito de crítica e público. As pezas que compoñen a mostra estarán expostas na capela de Santa María ata o vindeiro 20 de maio. ‘73x73x273’ (o nome da exposición provén das dimensións estándar dun nicho de enterramento) ten como temática central o mundo da morte, e reúne propostas elaboradas a partir de todo tipo de técnicas e expresións artísticas. Un total de 27 creadores contemporáneos achegan as súas recreacións a esta mostra; entre outros, Paco Pestana, Mónica Alonso, Christian Villamide, Ramón Conde, Fernando Yáñez ou Teo Soriano. Na rolda de prensa de presentación, que terá lugar o mércores 14 ás 11.00 horas na capela de Santa María, participan o vicerreitor de Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; e a deputada da Área de Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo, Regina Polín, así como as comisarias da exposición e algúns dos artistas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.03.2012.