A Cátedra de Facenda Pública da USC organiza conxuntamente co concello de Ribeira unha conferencia sobre a fragmentación territorial e a insuficiencia financeira
A Cátedra de Facenda Pública da USC organiza conxuntamente co concello de Ribadeo unha conferencia sobre ‘A facenda municipal: a fragmentación territorial e a insuficiencia financeira’ que se celebrará este mércores 21 a partir das 20.00 horas no Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Ribeira. Esta é unha actividade encadrada no curso regrado da Licenciatura en Economía na que, como en anteriores ocasións nos concellos das Neves e Muxía, alumnado e profesorado debaterán arredor do tema proposta sobre o propio terreo. Como explica o director da Cátedra, o profesor Luis Caramés, este ano a conferencia adquire unha especial relevancia por centrarse nun asunto de actualidade como é o da fusión de municipios galegos. O catedrático Luis Caramés é especialista en Facenda Local, membro da Association of Local Public Economics e co-editor da revista internacional Urban Public Economics Review, ademais de ter participado na dirección do Plan Estratéxico de Santiago.