Pasar al contenido principal

Nova convocatoria para obter certificacións de catalán

A Área de Catalán da USC mantén aberto ata o 27 de abril o prazo de inscrición para as probas de obtención dos certificados de catalán. Os exames, convocados polo Institut Ramon Llull, desenvolveranse na Universidade de Santiago para toda Galicia. As probas do nivel básico (B2) e elemental (B1) están programadas para o 12 de maio, mentres que as de intermedio (B2) e suficiencia (C1) serán o día 19 do mesmo mes. Para presentarse a elas non se esixe ningún requisito académico previo. Recoñecemento Os certificados do Institut Ramon Llull permiten acreditar o grao de coñecemento da lingua catalá tanto a efectos académicos como laborais e teñen a todos os efectos a mesma validez e eficacia que os que expide a Secretaria de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya. Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden dirixirse ás responsables destas probas en Galicia, María Mercè López Casas (mamerce.lopez [at] usc.es (mamerce[dot]lopez[at]usc[dot]es)) e a Dolors Perarnau Vidal (dolors.perarnau [at] usc.es (dolors[dot]perarnau[at]usc[dot]es)).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.03.2012.