Pasar al contenido principal

A Escola de Relacións Laborais de Lugo desenvolve as súas segundas xornadas sobre acoso no traballo

Mesa redonda sobre  e medios de comunicación, dentro das xornadas sobre acoso laboral organizadas pola Escola de Relacións Laborais de Lugo
Mesa redonda sobre e medios de comunicación, dentro das xornadas sobre acoso laboral organizadas pola Escola de Relacións Laborais de Lugo
Docentes, xornalistas, especialistas do ámbito público e privado e representantes de asociacións e sindicatos analizan esta problemática desde múltiples perspectivas

A Escola de Relacións Laborais de Lugo organiza por segundo ano as xornadas sobre acoso laboral, en cuxa organización participan tamén a Fundación Campus Universitario de Lugo, o Instituto Galego de Sanidade e Saúde Laboral (ISSGA) e o colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo. O encontro desenvólvese durante os días 27 e 28, e aborda a problemática do acoso no traballo desde as súas múltiples perspectivas. Na sesión do día 27, tras a inauguración por parte da directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, unha serie de mesas redondas analizaron o fenómeno do mobbing desde o ámbito da prevención de riscos laborais, os medios de comunicación e o ámbito público. A xornada complétase cos relatorios sobre a formación como estratexia preventiva, por parte do director de Recursos Humanos de E-scola, Guillermo Álvarez de Neyra; e unha segunda charla-coloquio centrado na actuación inspectora ante os supostos de mobbing, a cargo do xefe de Inspección de Traballo en Lugo, Nicolás González Raposo. O mércores 28, segundo días das xornadas, os temas a debater son as ferramentas de detección do acoso laboral, a perspectiva de xénero nesta problemática, as probas forense nos casos de acoso no traballo e a implicación dos axentes sociais e das asociacións de vítimas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.03.2012.