Pasar al contenido principal

O Espazo de Danza da USC, no XVI festival internacional de teatro da Universidade da Beira Interior

Estrea a peza ‘A escoita do corpo’

O Espazo de Danza da Universidade de Santiago de Compostela que dirixe Juan Carlos Zahera participa este luns en Covilha (Portugal) no XVI festival internacional de teatro da Universidade da Beira Interior. No auditorio municipal da cidade portuguesa a compañía de danza da USC estrea a súa última produción, ‘A escoita do corpo’, unha viaxe polo mundo interior que parte do son do latir do corazón e atopa no camiño distintas sensacións, circunstancias e emocións que se reflicten no exterior. Baixo a dirección artística de Juan Carlos Zahera, a obra sitúa ao público ante os atrancos e encontros que marcan a vida e mostra cómo ás veces un simple obxecto pode provocar pensar, soñar e espertar a imaxinación durmida. A peza está coreografada por Rosa Acuña coa asesoría teatral de Gustavo Fouce. Alba Andújar, Alba Fernández, Belén González, Andrea Loureiro, María José Pérez, Elvira Rúa e Nerea Vila son as sete intérpretes de ‘A escoita do corpo’, na que tamén participa Lola Fernández. A edición musical corre a cargo de Miguel Basanta.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.03.2012.