Pasar al contenido principal

Chegan á USC as viñetas cómicas de Diana Raznovich

Chegan á USC as viñetas cómicas de Diana Raznovich
Chegan á USC as viñetas cómicas de Diana Raznovich

As viñetas cómicas que a artista Diana Raznovich deseñou para a exposición ‘¡Non ten nome!’ enchen dende hoxe e ata o 3 de febreiro as paredes da Facultade compostelá de Filoloxía.

A mostra, enmarcada na campaña Linguaxe para a Igualdade na Comunicación (LIC) do Centro de Estudos da Muller da Universidade de Alacante, inaugurouse este luns nun acto a cargo da vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, Benita Silva Hermo, e ao que tamén asistiron o decano da Facultade de Filoloxía, Ernesto González Seoane; a directora do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero, Rita Radl; e a concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, Sanidade e Parques e Xardíns, María Castelao Torres.

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Universidade de Alacante presentou hai tres anos a Campaña LIC, deseñada por Diana Raznovich e con textos de Elena Simón Rodríguez, lingüista e experta en igualdade de xénero. Nela incídese na importancia da linguaxe como ferramenta para a comunicación e a transmisión da cultura, fundamental para alcanzar unha situación de igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, máis acorde coa nova realidade social e legal.

De Filoloxía a exposición marchará a Medicina para estar nese centro entre os días 6 e 10 e en Farmacia entre o 13 e o 17. Ao Campus de Lugo chegará o día 20, concretamente á Facultade de Veterinaria, onde poderá visitarse ata o 27 de febreiro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.01.2012.