Pasar al contenido principal

A National Sciencie Foudation nomea ‘experto internacional’ ao catedrático Miguel Santos Rego

A National Sciencie Foudation nomea ‘experto internacional’ ao catedrático Miguel Santos Rego
A National Sciencie Foudation nomea ‘experto internacional’ ao catedrático Miguel Santos Rego

O catedrático do Departamento de Teoria e Historia da Educación da USC Miguel Santos Rego acaba de ser nomeado ‘experto Internacional’ en Ciencias Sustentables pola prestixiosa National Science Foundation (NSF), a maior axencia federal de investigación dos Estados Unidos.

De acordo ao novo cargo, o profesor Santos atópase estes días en Washington para formar parte do comité de avaliación de proxectos de investigación presentados desde as Universidades máis punteiras do país americano con socios en distintos estados de mundo. A media de financiamento destes proxectos, que deben incluír sempre unha parte sobre actividades educativas en perspectiva de internacionalización, alcanza os catro millóns de dólares.

Santos Rego é o coordinador do grupo Esculca, que en 2007 recibiu o Premio Nacional á Investigación Educativa do Ministerio, o galardón máis importante de cantos nesta materia se conceden en España e que por primeira vez recaía nun grupo de investigación galego.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.01.2012.